Ir o contido principal

O viño en Galicia

Arquivo de audio

Sobre o mapa de Galicia aparecen representadas, coas súas diferentes cores, as 5 Denominacións de Orixe de Galicia e cuxa distinción representa o estándar máximo de calidade dos viños producidos nesta comunidade.

A Denominación de Orixe do Ribeiro é a máis antiga de Galicia e unha das máis antigas de Europa, sendo creada no ano 1932.  A continuación, constituiríanse a D.O. de Valdeorras no ano 1945 e a D.O. de Rías Baixas, a cal conta coa maior extensión de viñedos e o maior número de adegas adheridas. Por último, incorpóranse as D.O. da Ribeira Sacra e a D.O. de Monterrei, no ano 1996.

A seguinte vitrina mostra as etiquetas e contraetiquetas oficiais dos diferentes D.O. de Galicia. Elementos indispensables para asegurar que o contido da botella está controlado pola D.O. correspondente e cuxa posesión é garantía de calidade.

Un pouco máis adiante, distinguimos as cinco comarcas enmarcadas dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. A D.O Rías Baixas nace no ano 1980 como “Denominación específica albariña”, por ser esta a variedade de uva branca principal e a que vai outorgar, á D.O. Rías Baixas un recoñecemento internacional. A partir do 1988 empeza a coñecerse xa co apelativo “D.O. Rías Baixas” ata os nosos días.

Na comarca do Salnés, nace a D.O. Rías Baixas e eríxese como a comarca de máxima produción do viño albariño. Despois, incorporaríanse a comarca do Condado do Tea, onde se atopa Salvaterra de Miño, e a comarca da Rosal. No ano 1996 nace a comarca de Soutomaior, a máis pequena en extensión, próxima a Vigo e, por último, a comarca da Ribeira do Ulla, moi próxima á cidade de Santiago de Compostela.

Sabede, ademais, que uno dos requisitos necesarios para a incorporación dunha localidade a unha Denominación de Orixe é a proba documental de tradición vitivinícola na devandita rexión. En Salvaterra de Miño, tal e como corroboran as datas dos documentos que se exhiben na seguinte vitrina, existiu.