Ir o contido principal

O viño na historia

Arquivo de audio

A continuación, atoparemos información, así como algunhas curiosidades escondidas tras os cristais das vitrinas que descubriremos picando os botóns, acerca da historia mundial do viño. Distinguimos 3 etapas: a Idade Antiga; a Idade Media; e a Idade Moderna e Contemporánea.

Estímase que o primeiro lugar onde se comezou a cultivar a vide foi na Antiga Mesopotamia. Con todo, o país no que queda reflectida a viticultura por primeira vez é no Exipto, a través da escritura xeroglífica, fai hoxe máis de 3.500 anos. Con todo, vai ser a civilización grega primeiro e a romana, despois, as que expandan o cultivo e o seu saber a outras rexións do mundo. Na primeira vitrina, distínguense 2 ánforas gregas: un ánfora vinaria (a da dereita) e un ánfora olearia (a da esquerda) que foron os primeiros recipientes utilizados para o transporte e almacenamento do viño e o aceite, respectivamente.

A partir da Idade Media, as ánforas serán substituídas polos odres, que non eran máis que recipientes cosidos con peles de animais. Ademais, sabemos que xa, por entón, o sistema de plantación utilizado para o cultivo da uva na nosa comarca era o emparrado, como así mostra a imaxe que descubriremos se picamos o botón luminoso.

A finais do século XVII os odres son substituídos polo vidro, cuxo material para o transporte e almacenamento do viño comeza a popularizarse a principios do século XVIII e ata os nosos días.

Obsérvese na seguinte vitrina unha colección de xerras e cuncas elaboradas con motivo da Festa do Viño do Condado do Tea. A primeira data do ano 1975.