Arquivo de audio
Ao fondo achamos elementos e ferramentas antigos para o cultivo da vide cedidos por veciños do municipio. Trátase, en primeiro lugar, dun arado romano de 2 varas, para un só animal e o cal se utilizaba para facer surcos na terra. Á beira, está o arado de vertedoira, que servía para roturar a terra (o equivalente para cavar hoxe en día).
Así mesmo, é posible observar unha roda de carro ou xugos utilizados por bois ou vacas, así como unha máquina de cobre para a aplicación de tratamentos aos viñedos. Preto da parede atopamos unha viga, peza pertencente a un antigo lagar, indispensable para o prensado das uvas.