Avanzando polo museo, a continuación, recóllense en imaxes as diferentes técnicas de enxerto locais utilizadas. A primeira, é a técnica da púa, aparece representada no libro aberto exposto na vitrina. A segunda das técnicas máis recorridas para o enxerto é a técnica do ollo ou da xema, a cal mostra a fotografía. No primeiro caso, hai que preparar unha púa afiada e simétrica (ben sexa manualmente co uso dunha navalla ou cunha máquina de taller); no segundo caso, pola contra, hai que cortar o brote dunha xema, tal e como mostra a imaxe, para a continuación, ben sexa a púa ou ben sexa o brote da xema introducilo dentro do patrón americano. Despois, haberá que hai que atar con rafia para evitar desta forma o contacto co aire e que desta maneira a planta agarre e brote.
Trátase dun labor moi custoso, que require práctica e moita pericia. Outro dos labores cruciais de campo, é a poda. A poda consiste en reducir tanto o número como a lonxitude dos sarmientos co obxectivo de que a vide produza menos acios, pero á súa vez estes teñan máis grosor e sexan de calidade.
Así mesmo, a variedade de uva inflúe no sistema de poda a elixir. Por exemplo, a variedade albariña, produce nas varas máis longas, isto é, produce a partir da cuarta xema. É labor do viticultor, saber que variedade ten diante, para en función diso executar o corte máis adiante ou máis atrás respecto da parte leñosa da vide. A poda realízase todos os anos, tendo lugar a partir de decembro a "poda de inverno” ou a “poda en seco” e na primavera a "poda en verde”. A liberación de sarmientos e ramaxe é fundamental para prolongar o tempo de vida da vide.