Ir o contido principal

Escaleiras de caracol

Arquivo de audio

Como comentamos ao principio, atopámonos nun maxestoso edificio histórico, no que destacan algúns detalles arquitectónicos, que non queremos deixar atrás.

O primeiro, é o teito construído con arcos de medio punto en sillería de granito, así como as súas bóvedas de aresta realizadas en ladrillo, que outorgan a este espazo museístico dunha acolledora e inusual fisonomía.

O segundo elemento arquitectónico sobresaliente deste edificio é a curiosa escaleira de caracol de dobre vertente. Trátase dun exemplar único que comunica ambas as estancias do museo e que ascende tamén á terraza. É posible que ascenda unha persoa por unha banda e que descenda, á súa vez, outra doutra banda sen cruzarse ambas en metade de camiño.