Ir o contido principal

Ciclo vexetativo da vide

Arquivo de audio

Seguindo, de novo, o percorrido trazado polos contidos do Museo da Ciencia do Viño, atoparémonos agora cunha maqueta na que visualizaremos os viñedos nas súas diferentes estacións do ano. Cal é cal?

Xusto, a continuación, acharemos unha ruleta a cal nos proporciona información sobre o ciclo vexetativo da planta. Así, segundo o mes do ano que seleccionemos poderemos saber como se atopa a vide nesa época do ano (esquerda) e que labor ten que levar a cabo o viticultor (dereita).

O museo pecha os seus contidos nesta primeira planta, remitíndonos á vendima tradicional e a cales foron os utensilios que se utilizaban anos atrás (tesoiras, corquetes, dedales ou cestos de castiñeiro). O proceso da vendima realízase de maneira manual, tal e como pode apreciarse na fotografía.

O percorrido péchase nesta planta cun divertido xogo de preguntas co que poñer a proba os coñecementos ata o de agora adquiridos.

VIDEOFIRMAS. Permite a posibilidade de gravar un vídeo de valoración do museo.