Ir o contido principal

Cata e maridaxe

Arquivo de audio

O seguinte panel móstranos cales son as diferentes fases da cata e cales son os parámetros dos nosos viños tanto na fase visual, olfativa e gustativa. Para iso, o visitante debe tratar de acertar cales son os matices dun viño Albariño, así como do Condado branco.

Seguindo o noso percorrido atoparémonos cunha gran vitrina onde se exhiben gran parte das marcas producidas na nosa subzona. Son todos viños do Condado do Tea D.Ou. Rías Baixas.

En primeiro lugar, podemos ver os viños brancos do Condado que son viños plurivarietales, elaborados principalmente con uvas Albariña e Treixadura aínda que o máis habitual é agregar á mestura, tamén unha pequena cantidade de uva Loureira.

A continuación, podemos ver os viños elaborados unicamente con uvas albariñas e que son por tanto viños monovarietales.

No terceiro estante temos as vinificacións especiais, por exemplo viños fermentados en barrica ou sobre leas, anadas especiais ou viños de produción ecolóxica.

Por último, no estante inferior podemos ver os tintos do Condado que son viños que pouco a pouco se van facendo un oco no mercado e dos que o gran Álvaro Cunqueiro dicía na súa recoñecida obra “A Cociña Galega” que eran os mellores tintos galegos que catara.

Se seguimos o noso percorrido atoparémonos cun novo xogo de preguntas. Neste caso as cuestións viran contorna á maridaxe do viño albariño e Condado branco con algúns produtos gastronómicos.

A continuación, poderemos apreciar os matices aromáticos dos nosos viños brancos nunha serie de dispensadores de fragrancias que van desde os cítricos, aos florais pasando polos aromas a froitas de óso. Estas notas olorosas poderémolas apreciar logo durante a fase de degustación e deleitarnos do aroma evocador dos nosos viños.