Ir o contido principal

Fortaleza de Salvaterra de Miño

Arquivo de audio

Declarada Ben de Interese Cultural no ano 1949, considérase unha das máis impoñentes fortalezas de Galicia. Aínda que ten a súa orixe no século XII, foi mandada levantar por Fernando II rei de Galicia e León, a súa estructura moderna pertence a mediados do século XVII. Foi construída polos portugueses como consecuencia da "Guerra da Restauración Portuguesa" que se evidencia, a ambos os dous lados do río Miño e ata o lugar da súa desembocadura, nunha serie de conxuntos defensivos fronteirizos.