Ir o contido principal

Capela da Virxe da Oliveira

Arquivo de audio

Esta pequena capela propia do barroco portugués, conserva no seu interior unha bela escultura pétrea con restos de policromía da Virxe da Oliveira. O curioso oratorio foi construído sobre unha das dúas portas principais de acceso ao interior da Fortaleza de Salvaterra. Erixido polos portugueses no século XVII, hoxe recorda aos tempos da ocupación portuguesa en Salvaterra.